Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/fincaind/fincaindependencia.com/aviario/config/settings.inc.php:1) in /home/fincaind/fincaindependencia.com/aviario/classes/Cookie.php on line 302

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/fincaind/fincaindependencia.com/aviario/config/settings.inc.php:1) in /home/fincaind/fincaindependencia.com/aviario/classes/Cookie.php on line 302

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/fincaind/fincaindependencia.com/aviario/config/settings.inc.php:1) in /home/fincaind/fincaindependencia.com/aviario/classes/FrontController.php on line 486
Patron - Finca Independencia


Patróm da raza


Características xerais.

Plumaxe: Brillante, abundante e compacta.

Ovos: De 55 gr. mínimo, coa cáscara de cor marrón

clara.

Peso: Galo de 4 a 4,5 kg.- galiña de 2,5 a 3 kg.

Diámetro dos aneis (en mm.): Galo 22 - galiña 20.


Morfoloxía do galo.


Cabeza: Máis ben pequena e ben conformada.

Cara: Vermella, lisa e de textura fina.

Crista: En chícharo, con tres filas lonxitudinais de papilas ou puntos ben

definidas, de cor vermella.


Barbelas: Vermellas, pequenas, de textura fina, lisas, co borde inferior ben

redondeado.

Orelliñas: Pequenas, ben pegadas á cara, lisas, de forma lanceolada e de

cor vermella.

Bico: Forte, vigoroso e ben curvado; na mandíbula

superior predomina a cor parda

escura sobre o córneo

amarelado, na mandíbula

inferior poden aparecer

manchas de cor parda escura

mais só na parte proximal.

Ollos: Grandes, de cor laranxa escura e con cellas

prominentes.

Pescozo: Esvelto e robusto, máis ben longo, erguido, ben emplumado e ben

unido ó corpo, con esclavina abundante flotando sobre as costas.

Tronco: Ancho, profundo, longo, lixeiramente inclinado cara á cola.

Dorso: Ancho e caendo lixeiramente á cola, poblado de caireis de mediana

lonxitude.

Peito: Ancho, profundo e prominente, de gran capacidade.

Cola: De tamaño pequeno, as fouces caudais son curtas excedendo

lixeiramente ás plumas temoeiras que son anchas e superpostas. En ángulo

de 45º sobre a horizontal.

Abdome: Amplo.



Extremidades



Ás: Máis ben pequenas, ben pregadas e cinguidas ó corpo.


Pernís: Fortes, robustos, visibles e de mediana lonxitude.


Tarsos: Fortes, grosos, de cor amarela, de lonxitude mediana, sen plumas e

con catro dedos fortes e rectos.

 
 

Morfoloxía da galiña.



En xeral coma no galo, tendo en conta as diferencias debidas ó sexo. A

crista está menos desenvolvida que nos galos, as barbelas son máis

pequenas e tamén é máis pequena aorelliña pero conserva a forma

lanceolada. O peito é saínte pero menos que no galo. De formas máis

redondeadas có galo.

Coloración da plumaxe.

 

Galo: O conxunto da plumaxe é de cor leonada cun matiz vermella-caoba

claro, a esclavina e os caireis son de cor máis clara có resto do manto. As

plumas cobertoiras pequenas das ás e ombros son dunha coloración máis

escura. As remeiras primarias son negras, bordeadas de leonado. As

remeiras secundarias son leonadas case na súa totalidade, excepto

no centro que adquiren cor negra. As cobertoiras do voo na súa fila inferior

son negras. A cola ten as temoeiras e as fouces negras cun brillo verde

metálico. O subpenuxe é de cor leonada clara.



Galiña: A plumaxe do corpo é leonada , con esclavina de cor leonada

intensa, sendo negras as cobertoiras do voo e as temoeiras da cola e, en

parte, as remeiras primarias, subpenuxe leonada clara.



Defectos graves.

Plumas totalmente brancas nas ás. Branco na cola. Plumas negras sobre o

manto. Plumas totalmente negras no pescozo. A máis insignificante pluma

nos tarsos. Talla insuficiente. Peito estreito. Crista moi elevada. Orelliñas con

branco en máis da cuarta parte.